Viaxes na carriña
jueves, 29 de marzo de 2018
Recordos
Hoxe 29 de marzo, Semana Santa toca recordos, por motivos familiares non puidemos sair na Ac, nin por santos, nin por carnavales, nin agora en Semana Santa. por eso penso nas saidas que faciamos con quince días de vacacións na caravana e de camping, unha semana pasabamola recorrendo sobre todo os Pirineos e outra de descanso polo Mediterraneo. Así nos enamoramos da montaña. Alberto na bici subindo portos míticos: Portalet, Tourmalet, Bonaigua, la Molina.......e logo facíamos rotas, nos non coñeciamos o sendeirismo, so iamos como tanta xente dar grandes paseos polo monte así disfrutamos en Navarra polos vales do Baztan, Bosque de Irati, Roncesvalles, subir polo val de Salazar e baixar polo Roncal. En Aragón o val de Ansó e de Hecho. En Biescas, Torla ir o val de Ordesa ata a cola de cabalo.As rotas do Canon de Añisclo, do val de Pineta. Xa en Cataluña o val de Arán o parque de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici, a Cerdanya , Cadi- Moixeró, Camprodón ata cap Creus. Tantas rotas que fixemos por eses montes tan maravillosos. Saíamos de mañá, levábamos a mochila e non voltabamos ata a tarde. Grandiosos Pirineos, temos que voltar.
jueves, 11 de mayo de 2017
Oia-Portonovo
Semana Santa 2017. En familia , A Garda, Oia, Baiona e Portonovo.
Dende o camping O Muiño en Oia percorrimos A Guarda e o monte Santa Tegra, para disfrutar en familia das vistas e o castro, outro día dedicámolo a facer a rota de sendeirismo de Mougás, logo por Baiona subimos ata a Virxe da Rocha. Praia, en Portonovo, no camping Baltar.
Oia, fermoso concello de Pontevedra: O grandioso Mosteiro de Santa María, a rota Máxica de Mougás (as pozas, petroglifos,recinto fortificado da Cabeciña),construccións tradicionais da arquitectura tradicional galega, restaurantes moi acolledores na beiriña do mar e unhas postas de sol impresionantes.
Conta unha vella lenda de Oia, que na ladeira de Cano dos Mouros, existe unha rocha coñecida como a pedra do Rei Sol, dende a que un monarca de tempos moi antigos adoraba ao astro rei durante o serán.
Calqueira que contemple unha posta de Sol na costa de Oia, compartirá a actitude do Rei Sol, xa que lle embargará tal cúmulo de sensacións, ante o espectáculo do Sol poñéndose sobre unha liña do horizonte que ás veces se confunde entre o mar e o ceo, e a masa oceánica en movemento desfacéndose en millóns de gotas de espuma, que para sempre deixará unha parte do seu corazón neste lugar

Santa Tegra (A Guarda)

Camping O Muiño
Rota Máxica de Mougás
En Baiona subimos ata o monte Sansón para ver a Virxe da Rocha, monumento construido en granito polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, ten 15m de altura .Dende a barca-mirador contémplanse unhas excelentes vistas da ría de Vigo co as illas Cies e a costa de Baiona.
miércoles, 10 de mayo de 2017
Carnaval 2017
Saimos para Ourense, parando no embalse dos Peares para comer e logo dirixímonos as Termas de Outariz. Unha viaxe relaxante tanto pola paisaxe como polo circuito termal que veu despois.
De Ourense imos camiño de Portugal pasando por Salvaterra de Miño , cruzamos a ponte ata Monçao. Salvaterra de Miño é un concello da Provincia de Pontevedra, está pegado o río Miño , ten un castelo e un parque precioso donde aparcar as ACs.
Monçao, tranquila e bonita vila portuguesa con un coidado casco antigo e un parque na beira do Miño onde se encontran as instalacións termais.
Como sempre acabamos en Vilanova de Cerveira e Praia de Ancora.
Ourense
Termas de Outariz

Salvaterra de Miño
Monçao, tranquila e bonita vila portuguesa con un coidado casco antigo e un parque na beira do Miño onde se encontran as instalacións termais.
Como sempre acabamos en Vilanova de Cerveira e Praia de Ancora.
jueves, 20 de abril de 2017
Lanzarote II
Xaneiro 2017, volvemos a pasar uns días na preciosa illa de Lanzarote,nun hotel de Costa Teguise, con un tempo de verano.
En Teguise visitamos Castelo de Santa Bárbara, fortaleza do século XVI, actualmente Museo da Piratería.
Paseando por Teguise antiga capital de Lanzarote.
Arrecife, capital de Lanzarote
El Charco de Arrecife, lagoa de auga salgada que se adentra na cidade.
Castelo de San Gabriel
Praia de El Reducto
Castelo de San José, actual Museo internacional de arte contemporaneo.
Un baño en Praia Blanca e un paseo por Puerto del Carmen.
Praia Blanca.
Puerto del Carmen.
No norte de Lanzarote imos ata Haría, para ver a preciosa casa de César Manrique o gran artista de esta illa. Logo comer en Órzola, pobo mariñeiro e descanso na praia La Garita en Arrieta.
Haría
Casa de César Manrique.
Unha parada fermosísima foi á Casa de José Saramago. Conque dozura e amabilidade nos recibiron, e as palabras de este gran escritor, parecia que el mesmo estaba alí. Grazas foi precioso.
Para despedirnos con un viño Malvasia en La Geria. Paisaxe volcánico plantado de viñedos.
viernes, 17 de febrero de 2017
Parque de Peneda-Geres
Ponte de Santos. Novembro 2016. Primeira parada termas de Outariz en Ourense, sendeirismo pola beira do Miño, relax nas termas e pernocta. De mañá comezamos o noso itinerario polo Geres. Paramos a tres quilómetros de Bande (Ourense) para ver o xacemento romano Aquis Querquennis, situado a carón do río Limia e o pantano de As Conchas. Entramos polo Centro de Interpretación Aquae Querquennis-Vía Nova, imos ver as ruinas dun campamento militar romano que posiblemente controlaba a Vía Nova que vai de Braga a Astorga, foi levantado durante o Principado de Vespasiano (69-79 d. C.) e abandonado en torno ó 120 d. C. A Cidá, como chaman a este campamento está moi ben conservado, vense as murallas, as portas, barracóns...a grandeza do Imperio Romano.
No concello de Bande visitamos a igrexa visigoda que data do século VII, de Santa Comba de Bande, declarada Monumento Nacional en 1921, apenas podemos vela porque estaba en obras con andamios por todas partes e é tan pequena, pero parece preciosa, outra vez será.

Centro de Interpretación Aquae-Vía Nova
Xacemento romano Aquis Querquennis
Seguimos pola comarcal OU 540 rumbo o Geres, paramos en Lobios para ver as termas e logo, deixando a comarcal que vai ó pantano de Lindoso collemos unha carretera estreita que nos leva ata Portela do Home, así entramos en Portugal, no Parque Nacional de Peneda-Geres. Aquí a carretera casi é un camiño asfaltado, pero precioso, como si entraras nun bosque encantado, será porque estamos no outono e as árbores teñen esa cor especial e a auga baixa en cascadas pequenas, enchendo a senda de beleza e música. Dou grazas porque non ven ningún coche en sentido contrario, paramos no alto, Portela de Leonte e logo ata Geres, pobo moi coñecido polas famosas termas e o balneario. Outra parada para encontrarnos co río Cávado, bonitas vistas e ata Braga.
Antiga aduana en Portela do Home
Portela de Leonte
Braga, unha das cidades máis antigas de Portugal, coñecida como a cidade dos arcebispos, é tamen a terceira máis poblada do pais. Un casco histórico que invita a pasear e descubrir a cantidade de monumentos, Catedral, Pazo do Raio, Pazo Episcopal, Convento do Pópulo, Igrexa de Santa Cruz, Igrexa do Hospital de San Marcos, Igrexa dos Congregados..., pero ademais é unha cidade nova, dinámica, moderna, por eso esta vez non imos subir o Bom Jesus do Monte nin a Santuario de Sameiro, quedaremos disfrutando das rúas e o mercadiño. Para pernoctar eleximos o camping Braga que está a un paso da cidade.
Pazo do Raio
Mercadiño de Santos
Igrexa Hospital de San Marcos
Pazo Episcopal de Braga
Suscribirse a:
Entradas (Atom)